O pasado venres 20 de outubro, o doutor Rubén Domínguez Carbajales recibiu un dos premios de innovación e emprendemento á mellor tese de doutoramento entregados pola Universidade de Vigo no evento Pont-Up Store en Pontevedra. Con estes premios, a UVigo busca recoñecer traballos académicos que propoñan o desenvolvemento de novos produtos e servizos cun potencial nicho de mercado ou orientados a xerar un proxecto que poida contribuír á creación dunha iniciativa empresarial. Esta convocatoria é froito dun convenio asinado coa Xunta de Galicia "para fomentar o emprendemento universitario", financiada con 20.000 euros procedentes da UE-Next Generation.
A vicerreitora do campus e o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais outorgaron o premio, dotado con 1600 euros, pola tese titulada Deseño dun sistema CAD en colonoscopia baseado en aprendizaxe automática, desenvolvida no contexto do proxecto PolyDeep e dirixida polos doutores Miguel Reboiro Jato e Hugo López Fernández.

October 7th, 2024 |
O pasado martes 16 de abril, a Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense acolleu a primeira xuntanza de traballo da rede estatal AI4PolypNet, creada para mellorar os sistemas de detección e de diagnose de cancro colorrectal empregando intelixencia artificial. Nela, oito grupos de investigación de Catalunya, Estremadura, País Vasco e Galicia unímonos para optimizar experiencia, recursos técnicos, humanos e de datos e avanzar cara o desenvolvemento de propostas integradoras capaces de responder aos retos desta enfermidade.

A rede temática enfocada no desenvolvemento e validación de sistemas de soporte ao diagnóstico de cancro colorrectal usando intelixencia artificial (AI4PolypNet) está financiada pola Agencia Estatal de Investigación (Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades) na convocatoria 2022 de Redes de Investigación. Está formada por oito grupos de investigación, catro deles de perfil clínico e catro de perfil técnico, así como entidades de diferente natureza (tres universidades, un centro de investigación e 4 hospitais/servizos de saúde) que acumulan unha dilata experiencia no eido temático da rede. Concretamente, ademais do noso grupo, forman parte da rede o Grupo de Oncoloxía Dixestiva de Ourense (Giodo, Servizo Galego de Saúde); o Centro de Visión por Computador (CVC) da Universidade Autónoma de Barcelona (grupo coordinador, liderado polo Dr. Jorge Bernal); o Grupo de Investigación en Oncoloxía Gastrointestinal e Pancreática do Hospital Clinic de Barcelona; a Fundación Centro de Cirurxía de Mínima Invasión Jesús Usón (Cáceres); o Servizo de Aparato Dixestivo do Hospital Universitario de Cáceres; o eVIDA Research Group da Universidade de Deusto e Osakidetza.

April 30th, 2024 |
ClinIA é un proxecto piloto e unha iniciativa pioneira que ten como obxectivo explorar e, no seu caso, promover, as vastas oportunidades que os modernos LLMs (modelo de linguaxe de gran tamaño ou Large Language Models) ofrecen ao sector sanitario e, máis concretamente, á análise automatizada do historial clínico electrónico.

ClinIA é un sistema pensado para extraer información estruturada mediante os prompts axeitados. Neste sentido, e ao contrario do xa coñecido ChatGPT, ClinIA non se define como un chatbot médico con propósito de conversar sobre cuestións médicas, nin tampouco ser un buscador co cal poder aumentar o coñecemento en base a unha base de datos de casos clínicos. Pola contra, trátase dun procesador automático de historias clínicas: Documento (Historia clínica) + prompt = Tarefa. O seu obxectivo principal é procesar datos clínicos textuais e levar a cabo tarefas que, ben pola súa complexidade ou ben debido ao gran volume de datos involucrados, resultan extremadamente tediosas ou directamente inviables para as persoas.
Os investigadores tras esta iniciativa son os doutores Martín Pérez-Pérez e Daniel González-Pela, entrevistados no Faro de Vigo o domingo 18 de febreiro sobre este asunto. Este proxecto nace nun contexto propicio para iso, pois Galicia é unha das comunicades máis avanzadas e que máis apostou polo uso da historia clínica electrónica. Así o resume Martín na súa conta de X:
ClinIA está a ser activamente desenvolvido polo grupo SING e, no seu estado actual de prototipo, ClinIA manexa 365 casos clínicos do libro de casos clínicos proporcionados pola SEMI (Sociedade Española de Medicina Interna) no seu XXXVIII congreso internacional. Neste sentido, búscase ampliar este conxunto para incluír máis casos clínicos, de diversas especialidades, e en colaboración con institucións ou grupos do ámbito sanitario que poidan estar interesados.

Tal e como Martín reflexionaba nas súas redes sociais sobre a aplicabilidade deste tipo de sistemas: "Nuestra opinión es que los sistemas basados en IA pueden asistir/ayudar en el procesamiento masivo de datos clínicos electrónicos. Los LLM pueden jugar un papel crucial apoyando a los profesionales de la salud, permitiéndoles enfocarse en lo más importante: el cuidado de sus pacientes. La IA no busca reemplazar, sino potenciar y complementar las habilidades de nuestros médicos. Mejorar la eficiencia, precisión y accesibilidad en el tratamiento y análisis de datos clínicos, haciendo que la atención médica sea más ágil y centrada en el paciente."
February 20th, 2024 |
O Concello de Ames celebrou este pasado venres, 26 de xaneiro de 2024, a terceira edición de InnovAmes, un evento de innovación principalmente dirixido ás compañías de Ames, que tivo lugar no Pavillón Polideportivo do Milladoiro e contou coa presenza de destacadas figuras locais no ámbito tecnolóxico. Ao longo de toda a xornada, participaron os estudantes e profesores dos centros educativos de Primaria e Secundaria de Ames, así como dez empresas locais, usuarios do centro de coworking A Proa e representantes das tres universidades galegas, incluída a Universidade de Vigo.
A xornada contou con charlas, debates, obradoiros e a presentación de proxectos innovadores ao longo do día. Destacan os proxectos premiados, como o MeteoBarouta, e os obradoiros para estudantes de diferentes niveis, así como mesas de debate sobre Intelixencia Artificial e tecnoloxías sostibles con representantes de empresas locais. O grupo SING estivo presente xunto co CINBIO. Durante a sesión de mañá, os nosos compañeiros Miguel Reboiro Jato, Hugo López Fernández e Martín Pérez Pérez, mostraron algúns dos proxectos de aplicación da intelixencia artificial ao ámbito médico, espertando o interese da rapazada que se achegaba ao seu expositor.
 
Na sesión de tarde, Miguel Reboiro Jato tivo a oportunidade de facer unha breve presentación do grupo e destes proxectos ante o público, principalmente representantes doutras empresas e centros de investigación.

January 28th, 2024 |
El dominio PuntoGal y GCiencia, con la colaboración de la Secretaría Xeral de Universidades de la Xunta y de la empresa Gadis, anunciaron, el pasado 25 de octubre, los ganadores de la VI edición de los Premios Spin-Off PuntoGal. Estos recayeron sobre la spin-off de la Universidade da Coruña (UDC) Indestia (Idea Emergente), sobre la compañía Casa Grande de Xanceda (Sello de Calidad) y sobre nuestro grupo en la modalidad de Grupos de Investigación. Estos premios tienen como objetivos el reconocimiento de la transferencia de conocimiento entre universidad y empresa, alentar al emprendimiento que surje desde los grupos de investigación universitarios, así como premiar el uso del gallego y la presencia de mujeres en empresas y grupos de investigación.
El acto de entrega tuvo lugar el martes 15 de noviembre a las 12:00 horas en la Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales de la Universidade de Vigo, en un acto que contó con la participación de Belén Rubio, vicerrectora de Investigación de la UVigo, Manuel González, presidente de la Asociación PuntoGal, Marta Fernández-Tapias, delegada de la Xunta de Galicia, y María Xosé Caride, concejala de Urbanismo de Vigo.

En representación del grupo SING al completo, el premio fue recogido por nuestro investigador el Dr. Hugo López Fernández.
 
November 16th, 2022 |
The SING research group has been developed many Bioinformatics applications since the last 16 years. Here you can find a timeline summarizing some of the most successful ones!
|
|
|